Dende o Equipo de dinamización de Convivencia e Benestar realizouse unha actividade da Afundación para o día da discapacidade. A actividade chámase " Todas e todos contamos " nela os alumnos/as de quinto e sexto de primaria realizaron un obradoiro impartido por monitores con diversidade funcional. Con esta actividade tivemos o obxectivo de achegar ao alumnado o valor do esforzo, a empatía, a aceptación da diferenza, o respecto para mellorar a sensibilidade emocional e afectiva favorecendo así unha sociedade máis equitativa.
Dita actividade está enmarcada nos Contratos Programa Inclue-T