O pasado venres, 25 de novembro celebramos o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, culminando así unha semana marcada pola sensibilización do alumnado e da comunidade educativa fronte a este tema, a través dos contos e da música (La puerta violeta).
Os nenos e nenas do colexio deixaron os seus desexos e abrimos a porta violeta para que se fagan realidade.
Así que queremos compartir tamén coas familias estes momentos tan emotivos.
Equipo de Convivencia.