Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Todas e Todos Contamos

 

 

 

 

Dende o Equipo de dinamización de Convivencia e Benestar realizouse unha actividade da Afundación para o día da discapacidade. A actividade chámase " Todas e todos contamos " nela os alumnos/as de quinto e sexto de primaria realizaron un obradoiro impartido por monitores con diversidade funcional. Con esta actividade tivemos o obxectivo de achegar ao alumnado o valor do esforzo, a empatía, a aceptación da diferenza, o respecto para mellorar a sensibilidade emocional e afectiva favorecendo así unha sociedade máis equitativa.

Dita actividade está enmarcada nos Contratos Programa Inclue-T

Contacontos musicado " FOGARES DE CORES"

O xoves 30 de novembro ás 17.30 da tarde teremos no cole un contacontos musicado chamado "Fogares de cores " de Iolanda Eiras, grazas a asociación ACOUGO.

Confirmade a vosa asistencia no mail ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal. En canto tiñamos unha estimación das persoas asistentes diremos no lugar da escola que se celebrará.

 

Vídeo de Samaín e Magosto

Preme na imaxe para ver o vídeo

Carreira solidaria do 10 de novembro

Información sobre a carreira solidaria que celebrarase no centro o día 10 de novembro. Preme sobre a imaxe.

Charla da asociación ACOUGO no centro o 7 de novembro

 

Familias este ano no centro imos celebrar o día do pixama o 20 de novembro ( ese dia os nenos e nenas poderán vir ao colexio en pixama e traer un libro). Queremos traballar os diferentes tipos de FAMILIAS e esta iniciativa do día do pixama vai adicado a dar visibilidade aos nenos e nenas que viven en centros de acollida. Ademáis queremos ofrecervos unha charla coa Asociación ACOUGO (asociación de familias acolledoras de Galicia) que nos explicarán o sentido de celebrar esta data. Dita charla terá lugar o próximo martes 7 de novembro ás 17:00 no centro. Na medida do posible rogamos confirmedes asitencia no mail do centro : ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal ou na conserxeria do centro.

Ademais deixamos un dossier informativo sobre o día do pixama e unha carta para as familias da ASEAF ( asociación estatal de acollemento familiar) 

Preme na imaxe para ver o vídeo

Calendario de merendas

 

 Hoxe no día mundial da alimentación facemos unha suxestión de calendario de merendas.

Cada familia ten absoluta liberdade para elixir as merendas dos seus/súas fillos/as (tendo en conta os alimentos permitidos e non permitidos no centro), pero dende o colexio invitámosvos a que participedes nesta iniciativa unificando así as merendas do alumnado e contribuíndo a que teñan unha dieta variada.

 

PLAN DE BENESTAR CEIP A GÁNDARA

Información sobre as merendas no centro 23-24

Familias xa temos a actualización sobre as recomendacións da hora da merenda no centro. Tedes tamén un documento adxunto.

 

Escola De Familias (Concello de Narón)

 

ESCOLA DE FAMILIAS: SESIÓN INFORMATIVA

 

Estimadas familias:

 

Adicamos moitas horas ó día a traballar, a levar ós/as fillos/as a actividades, a preparar comidas,etc. Pero, ¿Cánto tempo adicas a escoitar e a xestionar as TUAS EMOCIÓNS? E a intentar entender e aceptar as EMOCIÓNS e necesidades da túa familia? Imaxina un lugar onde poder baleirar todo o corpo de tensións e comezar a comprender mellor as crianzas e a ti mesmo/o.

En Escola de Familias comprenderás cómo funciona o cerebro infantil e adolescente, aprenderás a manexar as túas emocións para non perder tanto a paciencia; aprenderemos a previr a adición ás pantaias, mellorar a comunicación, e a saber máis sobre alimentación, sexualidade, medos... etc.

 

Convidámosvos a unha reunión de país/nais/avós/avoas/titores... interesados/as en coñecer unha iniciativa para mellorar a convivencia familiar. Trátase dunha actividade subvencionada e municipal con horarios flexibles e preto da túa casa!

 

¡APÚNTATE XA! No teu centro, na sede electrónica do Concello de Narón ou de forma presencial, estamos formando grupos con varios horarios a elixir ¿Non estás seguro/a? Acude sen compromiso á unha sesión Informativa no teu centro escolar.

 

 

SESIÓN INFORMATIVA ONLINE:  Xoves 28 de Septembro ás 10 h (mañá) / 20 h (tarde)

 

(Se non podes acudir solicita a grabación e se podes,  solicita previamente a invitación en Zoom a escoladefamilias.naron@gmail.com ou no teu centro educativo)

 

 

 

Máis información:

Concello de Narón – 981337700. Ext. 1103 Telf contacto: 650094089

  

 

Calendario escolar 24-25

Aquí tedes o calendario escolar de este ano, ademais das festas de ámbito estatal, temos propostos como días non lectivos os seguintes:

- 4 de novembro e 2 de maio solicitados como días do centro e  pendentes de aprobar pola xefatura territorial.

- 31 de outubro día do ensino.

Actividades extraescolares ANPA A BUXAINA

Aberta a data de inscrición para as actividades extraescolares. Para cubrir o formulario premede no seguinte enlace:

https://bit.ly/469Mqj4

Ou escaneade o código QR (que se acompaña como imaxe)

Distribuir contido


by Dr. Radut