INSTRUCCIÓNS PARA ASOCIARSE Á ANPA A BUXAINA
Para facerse socia/o da ANPA, ou para renovar a afiliación se xa o erades con anterioridade, é obrigatorio cubrir o formulario adxunto.
Seguindo a lei vixente, so poden ser socias/os da ANPA, os pais, nais e/ou titores legais dos alumnos matriculados no centro.
A cota de socia/o vixente é de 20€ ó ano.
O periodo para o pagamento da cota vai dende o momento en que se comparta o formulario polas vías habituais da ANPA ata o 30 de novembro.
O pagamento da cota farase por transferencia bancaria á conta da ANPA de OpenBank: ES19 0073 0100 5505 0562 9834 (tamén a tedes no propio formulario).
Lembrade poñer en "concepto": Nome e apelidos, nº de socio (si xa eras socio e si te lembras de cal era) + cota socio curso 2024-25. No caso de altas novas de socio, poñede: Nome e apelidos + novo socio + cota socio 2024-25.
Tódalas actividades que realiza a ANPA no cole (charlas, obradoiros, festa de Nadal, Samaín, Magosto, Entroido, Festa de fin de curso, etc.) sufragámolas coas cotas das socias/os. Tamén colaboramos nalgunhas actividades que realiza o centro aportando augas, zumes, caramelos, etc.