Novidades

Novidades do equipo de dinamización lingüística.

SAMAÍN 2024

 

O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín cunha xornada de convivencia na que todo alumnado do centro colaborou nesta fermosa danza celta.

Aquí vos deixamos un vídeo co noso xa tradicional "Fogo Nicolás", desexamos que vos guste!

 

 

Tamén fixemos unha exposición, na entrada do colexio, coas cabazas decoradas polo alumnado en colaboración coas familias. Chulísimas!

 

CELEBRACIÓN DO "DÍA DE ROSALÍA"

04/03/2022 10:13
Europe/Madrid

Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, realizamos un gran mural e fixemos a plantación de pensamentos, flor favorita ta poetisa.

Podedes ver algunhas das fotos dese día pinchando no enlace e o vídeo no facebook do cole ("O tempo en Frións").

FOTOS "DÍA DE ROSALÍA"

CONCURSO "DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO"

04/03/2022 09:48
Europe/Madrid

Os curso de 6º de primaria presentáronse ao concurso "Deseña o teu disfrace seguro" organizado polo Instituto Galego de Consumo a nivel autonómico.

Logo de recibir unha sesión de formación, na que lles explicaron diferentes aspectos dun consumo responsable; tiveron que deseñar un disfrace e incluír a súa correspondente etiquetaxe.

Finalmente, entre os 25 gañadores, resultaron premiadas 2 das nosas alumnas: Paola Mariño e Clara Chouza.

NORABOA AS GAÑADORAS!

Aquí deixamos os enlaces das noticias publicadas ao respecto:

NOTICIA NO DIARIO DE AROUSA

NOTICIA NA PÁXINA DA XUNTA

NOTICIA NO CORREO GALLEGO

 

ENTROIDO 2021

23/02/2021 14:16
Europe/Madrid

SAMAÍN 2020

Este ano, celebramos o Samaín bailando "Fogo Nicolás" por videoconferencia. Organizouse de tal xeito que todas as aulas bailaron ao mesmo tempo e puideron ver en directo a actuación dos seus compañeiros e compañeiras.

Aquí podedes ver o resultado:

 

PFPP 2019-2020

PROXECTO REALIZADO DURANTE O CURSO 2019-2020

"A NOSA ESCOLA CON MOITAS LINGUAS"

PFPP

Letras Galegas 2019

Este ano celebramos a nosa III Romaría das Letras Galegas homenaxeando ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista Antón Fraguas! Aquí vos queda un resumo do día:

 

Ademais, nestes días, no timbre musical do colexio, temos soando á Rainha do Fado: Amália Rodrigues co seu clásico "Uma casa portuguesa".

Día de Rosalía 2019

Así celebramos este ano o Día de Rosalía de Castro, cunha super mani-festa-acción en apoio á nosa máis grande escritora!

#LibreOMeuPensamento_rdc_19

Viva Rosalía de Castro!

 

Música en xaneiro e febreiro

Tras ter o clásico de Vivaldi deleitándonos durante o comezo da tempada invernal...

 

... comezamos febreiro acompañados de Queen e o seu "Radio Ga Ga" para conmemorar o Día Mundial da Radio (13 de febreiro):

Música en decembro e Apalpador!

 

Estas foron as cancións que puxemos no timbre musical no mes de decembro:

  "Volver a casa por nadal" do Xabarín Club.




"O Apalpador" de Roberto Grandal, con ilusitracións de Leandro Lamas.




Hoxe veu tamén visitarnos o Apalpador, aluciflipamos!

 

 

 

 PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

Distribuir contido