CONCURSO "DESEÑA O TEU DISFRACE SEGURO"

04/03/2022 09:48
Europe/Madrid

Os curso de 6º de primaria presentáronse ao concurso "Deseña o teu disfrace seguro" organizado polo Instituto Galego de Consumo a nivel autonómico.

Logo de recibir unha sesión de formación, na que lles explicaron diferentes aspectos dun consumo responsable; tiveron que deseñar un disfrace e incluír a súa correspondente etiquetaxe.

Finalmente, entre os 25 gañadores, resultaron premiadas 2 das nosas alumnas: Paola Mariño e Clara Chouza.

NORABOA AS GAÑADORAS!

Aquí deixamos os enlaces das noticias publicadas ao respecto:

NOTICIA NO DIARIO DE AROUSA

NOTICIA NA PÁXINA DA XUNTA

NOTICIA NO CORREO GALLEGO