AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 

                NOTA SOBRE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O  CURSO 2024-25 EN EDUCACIÓN PRIMARIA

 

    Estimadas familias a Consellería de Educación acaba de publicar a convocatoria de: axudas para a compra de libros para 1º e 2º de primaria; a participación no banco de libros para (3º e 4º) e nas axudas para a compra de material escolar de cara o vindeiro curso. En 5º e 6º de EP teremos ordenadores E-Dixgal, pero poderán solicitar a axuda de material escolar.   

 

     Teñen toda a información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros así como o modelo de  solicitude semellante á que se achega. 

 

     TEÑAN EN CONTA:

 

     1º) Cúbrese unha soa solicitude por familia que inclúe a todos os fillos e fillas matriculados no colexio (tanto para compra de libros (1º e 2º EP), participación no banco de libros (3º e 4º) e vale para a compra de material de todos os cursos.

     2º) Alumnado de 6º ou doutro curso admitido no 24-25 noutro centro, deberá presentar a solicitude no novo centro educativo.

     3º) Para poder optar a estas axudas é preciso devolver os libros do curso anterior .

     4º) É imprescindible cubrir todas as páxinas cos datos completos, senón non poderá ser tramitada. A situación familiar e de renda será a que se teña 31 de decembro agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

     5º) Documentación a entregar xunto coa solicitude:

     - Libro de Familia: Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando outros documentos oficiais.

 

E de ser o caso:

- Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia. 

- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial

 

        MOI IMPORTANTE

        Deben ter en conta quen forma a unidade familiar.

        Artigo 4. Membros computables da unidade familiar

    1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

        a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

        b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.

        c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados cando teñan modificada xudicialmente a súa capacidade xurídica mediante a constitución de curatela representativa ou cando estean suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

        d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

        e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

        f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

    2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

    3. Non terá a consideración de membro computable:

      a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

      b) O agresor nos casos de violencia de xénero.

   4. En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

 

PRAZO RECOMENDADO DE ENTREGA DE IMPRESO E DOCUMENTACIÓN:

17 DE XUÑO DE 2024

 Máis información na  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 

EDUSAÚDE- CAMIÑO "A ORIXE"

21/03/2024 10:17
Europe/Madrid

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra en imaxes das saídas realizadas ao longo deste proxecto CPInnova: 2 etapas do camiño "A Orixe" e unha visita guiada polos arredores da catedral de Santiago, centrada principalmente nas historias do Camiño de Santiago como centro de peregrinaxe.

Para poder velas, accede á nosa galería de imaxes (na marxe superior dereita).

 

TITORIAL "XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR"

Lembramos que o uso de Abalar para a comunicación das familias e a xustificación de faltas vai ser a canle principal a utilizar polo centro. Por iso, deixamos a continuación, un TITORIAL de como xustificar as faltas a través da app.

TITORIAL PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR

INFORMACIÓN ABALAR

     ESTIMADAS FAMILIAS

XA PODEDES XUSTIFICAR AS FALTAS DE ASISTENCIA DOS VOSOS FILLOS E FILLAS 

MEDIANTE A APLICACIÓN DE ABALARMOBIL. TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN UN TITORIAL CUNHA

BREVE EXPLICACIÓN DE COMO XUSTFICAR AS FALTAS DENDE OS VOSO TELÉFONO. 

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O DOCUMENTO

MODELO DE XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

Pinchando neste enlace pódese descargar o modelo para xustificaras faltas dos

alumnos e alumnas. Poderase enviar por ABALARMOBIL ou entregarllo en man

ao titor ou titora xunto coa documentameción xustificativa pertinente

  MODELO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

                               

O TEMPO EN FRIÓNS

              O CEIP PLURILINGÜE FRIÓNS

              TAMÉN ESTÁ NO FACEBOOK

https://www.facebook.com/tempofrions

Distribuir contido