INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 22/23

 

NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 22/23

O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA

1 DE MARZO AO 21 DE MARZO DE 2022

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.)

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Segundo o artigo 13 da nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 A vía recomendada pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado  ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B. Para isto precisará Chave 365 ou Certificado Dixital.

  De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 21 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro.  Pode descargar  os impresos dende aquí

OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

25

5º EDUCACIÓN INFANTIL

0

6º EDUCACIÓN INFANTIL

3

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

5

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

4

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

-1

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

3

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

24

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

5

 Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.

O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura.

A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.

O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

•  SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO. (Instrución 22 de xuño de 2009)

•  SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA  (Decreto 132/2013)

•  SERVIZO DE PLAN MADRUGA XESTIONADO POLA ANPA.

 

En Frións a 28 de febreiro de 2022

Luís Teira Parada

Director