FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL PARA CURSO 21-22
Estimadas familias,
Teñen toda a información en http://www.edu.xunta.gal/fondolibros .
No caso de alumnado que actualmente está en 6º de Educación Primaria, como o prazo desta solicitude remata antes de que saibades en que centro vai estar o voso fillo/a, recomendamos que solicitedes esta axuda no noso centro. Unha vez teñan asignado a praza no IES correspondente remitirémoslla a ese instituto.
TEÑAN EN CONTA
1º) Cúbrese unha soa solicitude por familia que inclúe a todos os fillos e fillas matriculados no colexio. Esta vale tanto para compra de libros (1º e 2º EP), como para a participación no fondo solidario de libros de texto (3º,4º,5º e 6º) e como vale para a compra de material.
2º) Para poder optar a estas axudas é preciso devolver os libros do curso anterior cando se lles indique.
3º) É imprescindible cubrir todas as páxinas cos datos completos, senón poderá ser tramitada. A situación familiar e de renda será a que se teña a 31 de decembro 2019.
4º) Xunto cos impresos correctamente cubertos e asinados hai que entregar a seguinte documentación:
Fotocopia das páxinas do Libro de Familia (OBRIGATORIO)
|
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando outros documentos oficiais.
E, SÓ, de ser o caso:
- Certificado de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial
- Certificado de convivencia ou informe de servizos sociais, no caso de pai/nai que non teñan DNI/NIE.
- APIs de Blogue