Skip to Content

Mes da Ciencia

MES DA CIENCIA 2019

NOVEMBRO " MES DA CIENCIA" RECURSOS

Coa entrada do mes de novembro iniciamos o "MES DA CIENCIA". Un mes cheo de actividades, experimentos, obradoiros, فوائد الصبار exposicións... para poder coñecer, gozar e vivir a ciencia.

Pero ademais, aquí vos deixamos unha pequena recopilación de recursos para que na casa poidades seguir investigando en familia.

 

O PERCORRIDO CIENTÍFICO 2018

PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO MES MÁIS CIENTÍFICO 2018

Este ano para celebrar o mes da Ciencia en Galego propoñémosvos realizar un percorrido científico polo noso patio, onde todos vós seredes os/as protagonistas.

Despois de ter lido libros recomendados desde a nosa Biblioteca e visitar ligazóns donde nos ensinan moitos experimentos, seredes quen de realizados, para expoñelos nun percorrido científico polo noso patio; deste xeito "Ciencia e movemento" uniranse para apoiar ao P.D.I. deste curso "Nós somos activos e activas. Súmaste?"

Queremos así resaltar a iniciativa de "A volta ciclista pola Ciencia en Vigo". Coñecías esta iniciativa? Bota unha  تحميل العاب

 

PROPOSTA ACTIVIDADES

 Novembro é o mes da ciencia no cole. Este ano como o Día da Ciencia en Galicia estivo adicado a Baltasar Merino, nós  aproveitamos esta conmemoración e imos a coñecer a obra de este científico galego.

 

    Baltasar Merino Román foi un botánico do século XIX que realizou unha das obras pioneiras sobre a flora galega. O seu traballo de recolección abarca moitos concellos de Galicia e quedou reflexado nas súas publicacións. Ademais, fixo un gran traballo como meteorólogo.

 

    No cole imos a investigar na obra deste científico para facer un traballo sobre botánica, catalogando as árbores do noso cole. E por outra banda imos coñecer os aparellos meteorolóxicos para instalar a nosa propia estación meteorolóxica.

 

             Botánica e meteoroloxía en Frian grazas a Baltasar Merino!

 

 

 

 

INFÓRMATE NAS SEGUINTES LIGAZÓNS

 

 

NOMES COMÚNS E CIENTÍFICOS

 

  Documento do IES MELIDE

 

COÑECE AS FOLLAS E OS TALOS

 

Ciencia paseando

GUÍA DE ÁRBORES AUTÓCTONOS

Documentación facilitada polo Concello

de Culleredo

Guía de árbores
Distribuir contido


by Dr. Radut