Comeza o alumnado de 5º co "obradoiro de xogos matemáticos" organizado polo alumnado de 6º
Como dixemos nun post anterior (enlace), o alumnado de 6º de primaria, estivo a preparar durante este trimestre distintos xogos para mostrarllelos ós seus compañeiros/as. O martes 1 de marzo, o alumno de 5º de primaria, durante o tempo de recreo, foi citado no salón de actos para xogar a: o cubo soma, o tangram chiñés, os cubos diabólicos, as torres de hanoi e o pentaminó. Tamén aproveitaron para facer unha demostración das Cúpulas de Leonardo.
Nas seguinte imaxes podedes ver algúns momentos do obradoiro: