En infantil temos unha rutina diaria que é a observación do tempo atmosférico. Despois seleccionamos os pictogramas dos meteoros correspondentes e por último facemos o rexistro nas gráficas.
Na aula de 5 anos estamos moi intrigados e intrigadas por saber onde está o sol, ás veces está enriba das mesas, outras non entra na clase. Por que se move o sol? Son moitas preguntas que nos crea a curiosidade por aprender.
Decidimos marcar no chan o espazo onde entra o sol na clase, e anotamos o día e a hora. Fixemos un rexistro do movemento do sol na nosa clase.
Démonos conta que varia coas estacións. Xa temos marcado na clase como estaba en verán e no outono. Fáltanos o inverno e a primavera.
O alumnado de 2º estivemos investigando os meteoros. Queríamos saber como se fai a chuvia. Para velo mellor fixemos un experimento e agora, aparte de entendelo xenial, podemos facer chuvia na clase todos os días.
O alumnado de 5 anos A iniciamos os faladoiros de Educación Infantil. Estamos traballando o inverno e fixemos unha adaptación dunha poesía de Rosalía de Castro sobre esta estación.
O alumnado de primeiro traballamos a meteoroloxía acotío.
Diariamente observamos o ceo e debuxamos os meteoros no noso calendario mensual. Tamén levamos un rexistro de contabilidade dos días que en cada mes aparecen cada un dos meteoros. Paralelamente traballamos o refraneiro dos meses do ano.
Este inverno, con tantas borrascas, todos os días comentamos as novas do tempo. A partir destas novas traballamos distintos contidos nas diferentes áreas de aprendizaxe. En lingua castelá escribimos titulares e ilustramos novas do tempo de cada día. En galego aprendimos vocabulario sobre o significado dos meteoros.
Podemos establecer que o tempo é un contido xerador de moitas actividades na nosa práctica diaria.
No seguinte vídeo amosamos un exemplo dos nosos traballos:
Estupendo traballo rapaces e rapazas de Primeiro!!