O compositor ruso Sergei Prokofiev creou este conto musical para aprender ós cativos os instrumentos da orquestra. Cada personaxe do conto está representado por un instrumento da mesma.
Agora, á xenialidade de Prokofiev únese a dos creadores desta animación.
Disfrutade dela e aprendede a identificar o son os instrumentos da orquestra!
Este é o elenco:
- Pedro: instrumentos da sección de corda
- Paxaro: frauta traveseira
- Pato: óboe
- Gato: clarinete
- Avó: fagot
- Lobo: tres trompas
- Cazadores: instrumentos de percusión