O martes 2 de xuño viaxamos ata a Vila de Allariz. Pola mañá visitamos o Museo do Coiro, o Museo do Liño, O Muiño do Burato e o Museo do Xoguete, sempre acompañados dunha monitora que sabía moitas cousas. Despois dimos un paseo pola Vila, percorrendo o camiño do boi ( festa do Boi).
Xa de camiño hacia o lugar onde íamos a xantar fixemos esta foto nunha ponte sobre o río Arnoia.
Despois de xantar fomos ata o Ecoespazo do Rexo, onde aprendemos moito sobre enerxías renovables e ovellas.
Por último, e antes de voltar visitamos o BOSQUE PINTADO do ESCULTOR VASCO AGUSTÍN IBARROLA.
QUE LUGAR TAN ESPECIAL! AS ÁRBORES ESTÁN PINTADAS E AS PEDRAS TAMÉN E SEGUNDO DENDE ONDE MIRES PODES VER UNS DEBUXOS OU OUTROS!
E INCRIBLE!
ENSINÁMOSTE UNHA MOSTRA!
Para ver máis fotos podes visitar o seguinte enlace: A VOZ DE FRIAN