Como sabedes este ano imos participar na Reconquistiña 2022 (organizada pola Asociación do Casco Vello de Vigo), que por mor da pandemia, o alumnado da promoción 2020 non puido participar e temos a sorte de contar cos traxes de vigueses e viguesas feitos por esas familias.
Démoslle a posibilidade a todo ao alumnado de ir de vigués, viguesa ou francés ( estes traxes rerán entregados pola Asociación ao colexio, no momento que dispoñamos deles, volos faremos chegar)
O que levaron a casa era para probar, adaptar as súas medidas (coller o longo das faldas ou axustar a goma da cintura), airear, planchar e engadirlle o que lle falta pero sen necesidade de mercar nada.
A continuación engadimos unhas fotos e unha lista con aquelo que deben ter preparado para mediados de marzo, xa sabedes que se necesitades algunha prenda ou cambiar por motivo de tamaño, podedes poñervos en contacto coas titoras.
Vigueses | Viguesas |
Chaleque Camisa branca Faxín Boina Pantalón negro ou marrón escuro Botíns ou zapatos negros
|
Falda Mandil Camisa ou blusa branca Toquilla ou bufanda a modo de chal. Pañuelo na cabeza ou pelo recollido nunha coleta ou trenza Botas, botíns ou zapatos negros
|