O mes de novembro no cole Frian é o mes da ciencia. En 5º e 6º estamos traballando o proxecto de “Phinias e Ferb, ciencia e inventos” e hoxe tivemos un taller de electricidade. Diego, o pai de Lara de 6º A, explicoumos como montar un circuito eléctrico. Investigamos, experimentamos e conseguimos bombillas acendidas e motores funcionando.... Moitas grazas Diego pola túa participación neste obradoiro. Agora xa somos un pouco máis expertos e expertas en montaxe de circuítos eléctricos.
Grazas Diego!!!