Skip to Content

BÚSQUEDA DO TESOURO - 5º curso de Primaria

IMOS Á VIRXE DA BARCA 

 

Novembro é o mes da Tradición Oral. O mes das lendas e dos ditos que teñen chegado ata nós de xeración en xeración.

Antes de facer o traballo que che vou propór, terás que investigar e contestar algunhas preguntas. Para facelo, podes consultar a seguinte páxina web:

 

 

http://www.galespa.com.ar/santuario_barca.htm

1. Onde está situado o Santuario da Virxe da Barca?  Tratarase dunha zona do interior, ou será unha zona costeira?

2. Cando se celebra a festa da Virxe da Barca?

3. Aparte da Virxe e dos anxos, que personaxe aparece nesta lenda?

4. Por que se chama esta lenda a Virxe da Barca?

5. Que tres restos, segundo a lenda, quedan da barca de pedra da Virxe?

6. Baixo que pedra debes pasar nove veces se tes dor de cadrís? A que parte da Barca de Pedra correspondería esta pedra?

7. Se foras acusado inxustamente dun crime, a que pedra deberías recurrir? A que parte da Barca de Pedra correspondería esta pedra?

8. O resto da Barca de Pedra que correspondería ó timón, que nome recibe? Por que?

9. Cando se construiu o primeiro santuario da Virxe da Barca?

10. A que se refire o dito: “a romaría da Barca non baixa do nove nin sobe do quince”?

Agora xa tes todos os ingredientes para elaborar o teu traballo. Só falla unha pizca de misterio, bruma e silencio.

Imaxina que es un ancián que coñece un sinfín de historias. É unha noite de inverno, e estás ó carón do lume. Os habitantes da casa quéntanse sentados no chan, ó redor da cheminea. A única luz procede das lapas, e só se escoita o crepitar do lume. Todo o mundo está espectante. Entón ti empezas a contar a lenda da Virxe

da Barca.

Colle lápis e papel, e cóntanos a lenda tal e como a contarías ós que te escoitan. Podes empezar cun:

“Hai moito, moito tempo, cando as brumas poboaban a terra e os homes vivían espallados na frondosidade dos bosques...”



page | by Dr. Radut