Esta semana vimos como eramos bebés e canto cambiamos e crecemos. Cargamos paquetes de azucre para ver canto pesabamos e comparamos a nosa altura actual co que medimos ao nacer. Ao principio pensabamos que os bebes nacían con 4 dentes e que tiñan mofletes gordos porque están cheos de biberón, auga, osos, aire... Tivemos que investigar un pouquiño en internet para pescudar información. Aprendemos moito e encantou coñecer os nosos compañeiros cando eran bebés. Grazas ás familias pola vosa colaboración!!!