Skip to Content

OBRADOIRO DE LAXEIRO

O martes 22 de abril os nenos e nenas de 3º e 4º fomos a Fundación Barrié da Maza a aprender cousas de Laxeiro, un pintor galego moi famoso.

Primeiro vimos a súa obra. Aprendemos, que dependendo da época das súas pinturas empregaba técnicas diferentes.

Despois traballamos, nunha gran sala, facendo actividades plásticas. Nunha primeira parte pintamos empregando unha das técnicas de Laxeiro. Nunha segunda parte manipulamos terras de distintas zonas para facer ladrillos.

Todo isto o podedes ver nas seguintes fotos

traballamos con laxeiro

 

Traballando con terras galegas
técnica Laxeiro


page | by Dr. Radut