Skip to Content

VIII Centenario de:"El Cantar del Mio Cid"

Seguindo as directrices recollidas na L.O.E., as mestras que formamos parte do Equipo de Biblioteca queremos potenciar a función dinamizadora desta dentro do conxunto de actividades que se propoñen no Centro ó longo do curso escolar.

Por tal motivo, e coincidindo co VIII Centenario do Cantar de Mío Cid, temos proposto un Proxecto para todo o profesorado e alumnado sobre esta figura tan senlleira e sobre a súa época.

Este Proxecto figura no Plan de Centro, e foi aprobado oportunamente polo Claustro e o Consello Escolar.  Este Proxecto de Dinamización comenzou no Segundo Trimestre (á volta do Nadal) con tres accións que pretendían chamar a atención do alumnado e causar sorpresa: 

A visita do xograr García    
 O xograr García invita ós nenos á actuación  

 O xograr García visita todas as aulas e nos invita a participar na representación teatral que terá lugar o venres día 11 de xaneiro no Salón de Actos do Colexio.

(Ver galería de fotos).

O castelo do conde Afonso

O acceso á Biblioteca, á Dirección e ó Salón de Actos decórase coas murallas dun castelo e con cabaleiros.

 A porta do castelo do noso cole   

Teatro no Patio de Armas

  

Un grupo de pais e nais escenifican as Aventuras do Pequeno Cid, de Carmen Gil.

Un grupo de pais e nais posan caracterizados como os personaxes da obra

(Ver a Galería de fotos)

Portada do Recordatorio do VIII Centenario do Cantar de Mío Cid

Interior do Recordatorio do VIII Centenario do Cantar de Mío Cid

Despois de pasar un rato tan estupendo e divertido, os nenos e nenas foron agasallados cun díptico recordatorio desta data.

 Agradecemos a estes pais e nais a súa laboura desinteresada; e, como a súa obra nos ten gustado tanto, facémolo rimando

 "Pergamino" cun poema adicado á A.N.P.A.

     



page | by Dr. Radut