A carón do noso PDI: "Entre liñas anda o xogo", capitaneados pola mestra Conchi e con apoio do Equipo TIC, o alumnado de 6º de primaria, realizou unha tarefa moi completa, coa metodoloxía de traballo cooperativo.
1. Investigaron sobre distintos xogos: Torres de Hanoi, pentaminó, cubos diabólicos, cubo soma e tangram chinés.
2. Aprenderon a xogar.
3. Prepararon en grupos a explicación de distintos xogos.
4. Realizaron vídeo titoriais.
5. Asinaron a cada vídeo titorial un código QR
Como remate desta tarefa o alumnado preparará unha sesións co alumnado doutros niveis para que podan aprender a xogar. Facilitárdolle un código QR onde poderán ver as explicacións do xogo para poder intentalo.
OS CUBOS DIABÓLICOS
Vídeo titorial realizado por: Noah, Cristian, Aine, Nayara e Daniel.
O CUBO SOMA
Vídeo titorial realizado por: Lucía, Eva y Sheila.
O PENTAMINÓ
Vídeo titorial realizado por: Mathías, Bruno y Diego.
O TANGRAM CHINO
Vídeo titorial realizado por: Fabiola, Miguel y Elisa.
AS TORRES DE HANOI
Vídeo titorial realizado por: Nahum, Brais e Noel.
Creamos os códigos QR que axudarán ó alumnado doutros niveis a ter acceso ós video titoriais no momento de xogar.