Prezadas familias!
Unha ano máis, desde o Equipo de Convivencia, propoñémosvos un traballo en familia para expoñer durante o Nadal no noso colexio. Este ano eleximos unha vidreira cunha árbore, dacordo co proxecto que estamos a desenvolver dende a nosa Biblioteca “Entre liñas anda o xogo”.
Poñede a vosa imaxinación a traballar e converte esta vidreira nun adorno navideño. Para que o efecto sexa o axeitado (de vidreira) deberanse respectar as liñas do debuxo.
Podedes empregar calquera técnica e material para decoralo. Por exemplo:
papeis de cores |
pinturas |
algodón | botóns |
sementes | lapis |
témperas | papeis de agasallo |
teas | pastas |
xornais | revistas |
As seguintes vidreiras, atopadas pola rede, forón feitas con distintos materiais (papeis transparentes, papeis de seda, teas, esperemos que vos sirvan de inspiración.
ESPERAMOS OS VOSOS FANTÁSTICOS TRABALLOS!