Mural coordinado polo mestre Victorio
Mural coordinado polas mestras Luz e Montse
Cartelería coa técnica stopmotion realizada por 6º Abalar
Cun acto moi sinxelo celebramos o Día das Letras Galega. Todos/as reunidos/as no salón de actos, escoitamos unha pequena biografía do autor homenaxeado, Roberto Ignacio Vidal Bolaño, lida polos alumnos de 6º: Estevo, Marina, Ainhoa e Ángela; despois cantamos todos xuntos e xuntas, dirixidos por Mónica a mestra de música, a canción "Canterei, cantarás " (Música: Albert Hammond; Letra: Mónica Múñoz)
Deixámosvos un anaquiño desta fermosa canción interpretada polo noso alumnado, co gallo deste día:
Para rematar, organizado polo Equipo da nosa Biblioteca; cando baixamos do salón de actos para as clases; deixamos a nosa palabra favorita galega, escrita en papel, dentro do pan da lingua. Podédelo ver no seguinte post do Lar de Frianciño:
http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2013/05/asi-celebramos-o-dia-das-letras-galegas.html
TRABALLOS DIXITAIS DO ALUMNADO ABALAR
O alumnado de 6º realizou un obradoiro de stop motion para facer anuncios da Lingua Galega, deixámosvos aquí algún exemplo:
OS MELLORES MOMENTOS DO FESTIVAL DA LINGUA
O martes, 4 de maio, celebramos o Festival da Lingua.
As totalidade das clases foron representando os seus traballos; durante as dúas xornadas escolares anteriores o público foi a totalidade do alumnado; o martes, pola tarde, actuamos para as familias. Deixámosvos os vídeos dos mellores momentos do Festival da Lingua 2013, por niveis educativos e nas distintas actividades:
INFANTIL MUSICAL 3-4-5 ANOS |
INFANTIL BAILE EN INGLÉS 5ANOS |
|
1ºA-1ºB |
2ºA-2ºB | |
3ºA-3ºB | 4ºA-4ºB | |
5ºA-5ºB | 6ºA-6ºB | |
Cantamos e bailamos en Inglés 1º-5º-6º |
Bailes libres 4º-5º-6º |
|
|
||
Os nosos/as presentadores/as |
FOTOS DOS MELLORES MOMENTOS
Premendo na seguinte imaxe tedes un enlace ó Blog da Biblioteca de todo o acontecido na Festa Fin de Proxecto "A lingua sabe a pan"
Tarta participante no concurso de postres deste ano