Onte, 15 de maio, realizamos unha saída moi divertida que nos axudou a sentirnos máis preto de Rosalía. O percorrido ata o Centro Cívico de Teis fixémolo camiñando e, cando chegamos, distribuímonos en grupos e participamos nun concurso no que tiñamos que cantar en galego, recitar poemas de Rosalía ou cantar o noso himno (o primeiro poema de Cantares Gallegos).
Pasámolo moi ben e agora coñecemos mellor a obra da nosa escritora máis célebre.
Deixámosvos unhas fotos que podes ver clicando na seguinte imaxe: