Skip to Content

ACHEGÁNDONOS Á HISTORIA DE VIGO

Seguindo os ecos da festa da Reconquista no Verbum

paneis

 

O venres 12 de marzo, o alumnado do 3º ciclo de primaria participou, no Programa Educativo para escolares sobre a Historia de Vigo, máis en concreto, sobre a "RECONQUISTA", organizado polo Concello de Vigo e coordinado por Eduardo Rolland.  

 A actividade dividiuse en dúas partes: o visionado dun vídeo e a explicación de paneis informativos sobre o feito da Reconquista de Vigo.  

O alumnado recibiu cadanseu diploma de mans do Alcalde de Vigo, o cal estaba acompañado pola  Concelleira de Educación (a nosa directora)

A continuación podedes ver unhas fotos de distintos momentos da xornada:




page | by Dr. Radut