Panadeiros, cociñeiros, pinches de cociña, bolsas do pan, labregos e muiñeiros, facendo referencia ó noso PDI "A lingua sabe a pan" encheron as rúas de cor, coplas e arrecendo a pan...
O venres 8 de febreiro, a choiva caída durante este inverno deu unha tregua e permitiunos saír polas rúas do barrio, mostrando os nosos disfraces, que con tanto esmero estivemos a preparar durante moito tempo.
Desfilamos como é costume polo barrio, ante a mirada de familiares e curiosos ó ritmo das nosas coplas. Uns nenos de 4º, xa de volta no cole, leron o testamento do Meco, antes de queimalo. Toda a Comunidade educativa rematamos cantando unhas coplas.
Resultou un día inesquecible!
Compartimos con todos vós as fotos dos grupos feitas polo mestre Jose, na súa laboura de reporteiro.
Aquí tedes unha reportaxe máis polo miúdo deste día: