Charla Plan Comunitario de Teis
O alumnado de 4º e 5º nivel tivemos unha actividade sobre a recuperación do bosque autóctono que nos deron membros do Plan Comunitario de Teis e da Comunidade de Montes. Esta actividade completarase cunha saída na primavera ó monte, para ver como se recuperaron a flora e a fauna nos bosques que están a rexenerar na Madroa.