Skip to Content

ENCONTRO EN VIGO, MAIO 2012

Despois da xornada no colexio do venres tocaba visitar a nosa cidade.

Saindo, preto do colexio,  fixemos unha pequena ruta en autobús con varias paradas: Monte  da Guía, tour pola cidade, praia de Samil,  Parque de Castrelos, Parque Quiñones de León...

O sábado a ruta comezou en Santiago para rematar en Carril coa finalidade de visitar a Illa de Cortegada. Esta illa forma parte do Parque Natural marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Dicirvos que esta illa é moi peculiar xa que ten representados os distintos tipos de bosque galegos, de aí o noso interese por visitala. 

Despois dunha pequena travesía desembarcamos na illa e demos un paseo guiado descubrindo as distintas especies que a habitan. 

Xa de volta déronnos un paseo pola ría achegándonos as pequenas illas Malveiras.

E por fin, o noso proxecto "navegou" e non só de forma virtual. Comprobádeo nas seguintes imaxes:

 

Penso que todos e todas, os que tivemos a sorte de disfrutar desta actividade, gardaremos un moi grato recordo!



page | by Dr. Radut