O alumnado do 3º ciclo do colexio visitou a granxa Kiriko, convidados pola Deputación de Pontevedra, o venres 16 de decembro.
O venres os alumnos e alumnas de 6º de primaria acompañados por 3 mestras visitaron a granxa Kiriko para levar a cabo o programa:
"Árbores para a vida, vida para as árbores".
Climatolóxicamente podemos falar dun día moi adverso, pero os monitores que alí nos esperaban tiñan todo moi ben programado. O tempo non impediu facer as actividades, eso sí a cuberto. Durante a mañá traballaron nunha actividades titulada "A árbore pide, a árbore da". Despois dun xantar ben merecido houbo tempo para o baile. Xa pola tardiña tiveron un obradoiro de reciclaxe.
Por fin o día deu un respiro e poidemos sair e ir a zona dos animais.
Tamén dicir que o día o compartimos co alumnado de 3º ciclo do Ceip Cedeira de Redondela, ase que temos amigos/as novos/as.
E como todo o bo remata, ás cinco e media subemos o autobús e voltamos para as nosas casas.