Skip to Content

O SAMAÍN NA AULA DE 2ºA

Esta semana celebramos o Samaín, cantas cousas e sorpresas tivemos! Comezamos coa decoración das cabazas terroríficas para colocar diante da clase e espantar así os inimigos, coma nos tempos de antes. Pero non foi o único, tamén fixemos unhas arañas e cabazas móbiles para colgar polo cole e decoralo.

Ademais resulta que nos veu visitar un monstro que se alimentaba dos medos das persoas. Non o dubidamos e aproveitamos para debuxar os nosos e darllos de xantar. Pobreciño, como eramos tantos ata empachou!

Pero, sen dúbida o mellor foi o venres cando convertémonos todos en auténticos demos, agora si que estabamos preparados para compartir cos compañeiros do cole este día tan especial.

Estades intrigados como foi todo? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo cos algúns dos momentos vividos. JA JA JA JA




page | by Dr. Radut