Skip to Content

CHARLAS INFORMATIVAS

O xoves 6 de outubro, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilita unha profesional de Enxenaría de Informática de Galicia,   en horario de 10:30 a 11:30 para unha charla informativa sobre navegación segura na internet destinada ao alumnado de 5º e 6º do colexio.

Para máis información preme no seguinte enlace:

navega con rumbo

 

Xa o xoves pola tarde, en horario de 16:00 a 17:00 para mestres/as e de 17:00 a 18:00 para pais/nais,  participaremos na primeira edición de "Coñece espazoAbalar”, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.

Para saber máis preme no seguinte enlace:

espazo abalar



page | by Dr. Radut