O día 7 de xuño os grupos de 4º e 5º fixemos unha saída dun día completo, a Allariz e ao Ecoespazo do Rexo, relacionada co proxecto que realizamos este ano.
En Allariz visitamos os museos etnográficos: dos curtidos, moenda, tecidos e xoguetes. Vimos tamén o casco urbano e o Festival dos Xardíns dedicados á moda.
Pola tarde no Ecoespazo do Rexo aínda o pasamos mellor e vimos:
unha aula sostible, unha granxa ovina , a queixería e o Ecoparque das rochas e árbores pintadas por Agustín Ibarrola.
Pasámolo de marabilla!!!
Aquí tedes as fotos de
O MUSEO DO COIRO E DO XOGUETE
O MUÍÑO DO BURATO E O FIADEIRO
PASEANDO E COMENDO EN ALLARIZ
ECOESPAZO DO REXO
A CONTINUACIÓN OS VÍDEOS DE ESTE FANTÁSTICO DÍA