Skip to Content

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Unha das árbores que podemos atopar en Galicia é a vimbieira. Ten unha característica moi especial que é a elasticidade das súas polas. Entre elas pódense trenzar, de tal maneira que podemos construir distintos tipos de obxectos. Fai tempo, antes de utilizarse o plástico e outro produtos modernos, empregábanse para atar os brotes das viñas, para preparar as mesmas para a seguinte colleita.

O xoves 25 viñeron o colexio persoal do CAT (Centro de Artesanía Tradicional) a facer un obradoiro de cestería onde empregaban as polas destas árbores e os alumnos/as de 3º ciclo prestamos moita atención.

É unha árbore de segunda liña nos ríos, despois dos salgueiros, amieiros e bidueiros. A súa cor rubia dos vimbios é moi característica.

Resultou moi ameno e de moito interese, deixámosvos algúns momentos do transcurso do mesmo:

Tamén gravamos o seguinte vídeo, recollendo explicacións visuais  dos/as expertos/as:



page | by Dr. Radut