A finais do pasado novembro, tivemos a 1ª sesión do Programa Medio-Ambiental da Madroa.
Cos monitores/as do Plan Comunitario de Teis: Xeno, Marta,Cecilia e Santiago, reflexionamos e fixemos actividades lúdicas de coñecemento, conservación e recuperación da flora e da fauna autóctona, en especial da que temos máis próxima nos Montes de Teis.