Educación infantil.

Esteban, lembrarémoste sempre

 

A Comunidade Educativa do Frei Luis de Granada quere expresar o seu pésame e acompañar á familia do noso compañeiro Esteban enviándovos todo o noso ánimo e agarimo.
Con motivo deste tráxico suceso, onte quixemos dedicarlle un minuto de silencio e hoxe quedará suspendido o festival das Letras Galegas.
 
 
 
ESTEBAN LEMBRARÉMOSTE SEMPRE!
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro (Follas Novas)
 
 

O PERIODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

O PERIODO DE ADAPTACIÓN É O PROCESO POLO CAL OS NENOS E AS NENAS VAN FORMÁNDOSE E PREPARÁNDOSE, DESDE O PUNTO DE VISTA EMOCIONAL, PARA A ACEPTACIÓN DUN ENTORNO DESCOÑECIDO, A ESCOLA.


PARA TER MAIS INFORMACIÓN PICAR NA IMAXE.


                      


 

Educación Infantil

           

Neste enlace pódese consultar a lexislación educativa de educación infantil de Galicia.

Distribuir contido