Este curso ímos participar nun proxecto acerca do Camiño de Santiago. Estamos a presentar a mascota, Tina CALIXTINA, unha tartaruga peregrina. Na clase de infantil de 5º e 6º, comezaron seleccionando aqueles obxectos que os peregrinos levan nas súas mochilas.
Continuando co proxecto Vexo veo Xacobeo, o alumnado de 1º ciclo prepara tarxetas para levar a cabo un xogo para traballar o vocabulario da actividade "Meeting Tina Calixtina"
Os de 5º e 6º de infantil descubren de que xeito se pode facer o camiño
Os de 6º de infantil traballan sobre a reciclaxe para manter limpos os nosos camiños.
Anxo Moure visita o noso Centro. O contacontos acompañounos a facer un tramo do camiño de Santiago, dende o noso colexio ata a igrexa de San Pedro de Ancorados.