O Comedor escolar do CEIP do Foxo está asumido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Funcionará todos os días da semana de luns a venres.
Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2023), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Poden entregar o ANEXO II presencialmente no centro desde o 17 de xuño ata ata o 3 de xullo, ou por correo electrónico (ceip.foxo@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro.
No arquivo adxunto pode descargarse o ANEXO II
O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2024