Outro ano máis o colexio participa na campaña de etiquetado "Bicos a moreas" coa que damos a benvida ao Nadal e desexamos moita felicidade para o vindeiro ano. No arquivo adxunto podedes ver as etiquetas feitas polos nosos nenos e nenas.
Con motivo do aniversario do nacemento de Don Xosé Neira Vilas, as nenas e nenos do noso colexio recordou a figura do autor facendo unha lectura compartida no Xardín da poesía.
O venres 22 de outubro co gallo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares tivemos o privilexio de asistir á presentación do poemario Camiñando, camiñando... do noso mestre e amigo Xosé Luna Sanmartín.
Nos seguintes enlaces pódense visualizar dous boletíns informativos. Un con información xeral e outro con instrucións de acceso aos fondos da nosa biblioteca.