try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

blogue deadmin

I LOVE FRUITS

00/00/

O alumnado de 1º de e.p.  está a traballar a comida nesta unidade. Aquí vos mostro unha presentación dunha actividade que fixemos na clase para traballar unha canción.

" Fruit song for kids" Singing Walrus.

Colmimos todas as froitas que saen na canción.

Yummy, yummy " It's delicious"

Espero que vos guste!!!!

LINK Á ACTIVIDADE

 

ENTROIDO 2021

00/00/

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021-22. CENTRO DE ADSCRIPCIÓN

00/00/

O próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a  reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (alumnado de 6º Educación Primaria)

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

Pode consultarse información no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

FESTIVAL DE NADAL

00/00/

A pesar da pandemia o CEIP do Foxo non queda sen o festival de Nadal. Desfrutade das actuacións dos nosos pequenos.

FOTOS 

UN NADAL DE LIBROS

00/00/

Publícase o boletín informativo "Pereiriños 230" coas recomendacións lectoras para este Nadal.

MIRO VILLAR VISITA O NOSO COLE

00/00/

Boletín informativo e video da visita.

 

BERRAS CONNOSCO?

00/00/

Dende a aula de 3 anos B "Botamos un berro" contra a violencia e este foi o resultado

(25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero)

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

00/00/

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves 25 de novembro na clase de 1º de Educación Primaria estivemos facendo diferentes dinámicas para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Despois dun debate inicial sobre que é a violencia de xénero e os diferentes tipos fixemos unha actividade con catálogos de xoguetes, aproveitando que estamos moi próximos ao Nadal. Nalgunhas destas revistas, os xoguetes relacionados coa construción, os videoxogos ou os coches e as motos estaban acompañados de imaxes de nenos mentres que as cociñas, as bonecas e os carros do supermercado aparecían con fotos de nenas. Non obstante, o catálogo que máis nos gustou era aquel no que aparecían tanto nenos como nenas xogando co mesmo xoguete pois, tal e como falamos na clase, todos e todas podemos xogar a aquelas cousas que nos gustan xa que os xoguetes non teñen xénero. Para rematar a actividade, clasificamos as diferentes fotografías segundo os estereotipos de xénero que reflectían.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes!

  

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

00/00/

CRITERIOS E INSTRUCIÓNS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

AS NOSAS LOCALIDADES

00/00/

As nenas e nenos xeolocalizaron as súas localidades utilizando a aplicación" Google My Maps"

 

Distribuir contido