try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

blogue deadmin

NON ME DIGAS!

00/00/

Comeza a andar Fuxú Radio con este programa radifónico titulado NON ME DIGAS!! feito polas nenas e nenos de Valores Sociais e Cívicos de 4º, 5º e 6º. 

MALETA VIAXEIRA

00/00/

Este Centro está a participar no programa maletas viaxeiras da Asesoría de bibliotecas .

A Biblioteca "Xosé Neira Vilas" do noso Cento dispón dunha maleta con fondos bibliográficos que poden ser solicitados polas familias . O contido desta maleta poden visualizalo no seguinte enlace

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/maletas/maleta.php?IdMaleta=61

Para facer a solicitude poden facelo por varias canles:

·   A través do/a titor/a correspondente

·   Chamando ou enviando WhatsApp ao teléfono 620255288

·   A través de e-mail ao correo ceip.foxo@edu.xunta.gal

 

"MULLERES VALENTES"

00/00/

Un montón de mulleres valentes entraron na nosa biblioteca da man da arquitecta e deseñadora gráfica Rosa de Cabanas.


DÍA DA MULLER. BERRA CON NÓS

00/00/

As nenas e nenos berraron pola igualdade entre homes e mulleres.

CRUCEIROS DA ESTRADA

00/00/

O pasado luns día 7 de febreiro recibimos a visita do escritor David Otero Fernández que nos sumerxeu nunha viaxe apaixoante polos cruceiros do noso Concello.

ENTROIDO 2022

00/00/

Así celebramos este ano o Entroido. Un ano cheo de tulipáns vermellos e de científicos un pouco tolos.


23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

00/00/

O 23 de Febreiro Rosalía non faltou ao cole.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PRESENCIAL

00/00/

O día 3 de marzo ás 16:00 horas terá lugar no Ceip do Foxo a xornada de portas abertas para aquelas familias de nova incorporación. Esta xornada estará organizada polo Centro en colaboración coa ANPA.

Para seguir as liñas do protocolo COVID e evitar aglomeracións, é recomendable que os nenos non asistan.

Deberase chamar previamente a estes teléfonos para avisar da asistencia.

886 15 10 46

620 25 52 88

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. CURSO 2022-2023

00/00/

O prazo para solicitude de admisión do alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria  para o curso 2022-2023 é dende o 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos inclusive.

 A información sobre este proceso  poden consultala no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

NORMATIVA:

Orde do 12 de marzo de 2013.

 
Orde do 25 de xaneiro de 2017

ARQUIVOS ADXUNTOS:

  IMPRESO DE SOLICITUDE. ANEXO II

  VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2022-2023

  INSTRUCIÓNS DE ADMISIÓN

  CRITERIO COMPLEMENTARIO

 

ENTROIDO 2022

00/00/

Aquí temos os mandados que este ano a científica bruxa Florinda nos encomenda.

 

Distribuir contido