Skip to Content

O blogue de Coguleo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "25 N"

(Prema na imaxe para descargala)

 

OS NOSOS VOLCÁNS.

Os nenos e nenas de 4º de Primaria, estivemos traballando sobre os volcáns. Podedes ver o vídeo premendo sobre a imaxe.

BIBLIOTECA E AULA TIC

Desde a semana pasada abrimos nos recreos a BIBLIOTECA DO CENTRO  e a AULA TIC, cun horario previamente establecido por cursos.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

No seguinte vídeo deixámosvos o resultado das creacións de cabazas realizadas polo noso alumnado e familias. 

Moitas grazas a todos os participantes.

(Prema na imaxe para ver o vídeo)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN.

(Prema na imaxe para descargala)

Actividades Letras Galegas 2021.

 Dende a biblioteca, deixámosvos algúns dos traballos realizados polo noso alumnado durante a Semana das Letras Galegas.

  • VIDA E OBRA DE XELA ARIAS, realizado polos nenos e nenas de 1º de Primaria, onde debuxaron cada un dos momentos máis importantes da vida da autora.

 

  • AS NOSAS FRAGAS, realizado polos nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria, onde imaxinaron a súa fraga “ideal” en referencia ao relato de Xela Arias “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia” co que gañou o certame creado pola Agrupación O Facho da Coruña no ano 1973, con só 11 anos.

 

Letras Galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado realizou diferentes actividades dentro da aula, dende charlas para traballar a vida e obra de Xela Arias promovidas pola biblioteca, así coma diversos traballos realizados en cada titoría. 

Podedes ver fotos na seguinte imaxe.

MOSAICO DE XELA ARIAS.

Mosaico de Xela Arias realizado coas caricaturas feitas polos nenos e nenas do colexio.

EXPOSICIÓN DE CARICATURAS DE XELA ARIAS.

Aquí tedes o gran resultado da exposición de caricaturas realizadas polo noso alumnado sobre Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas. 

 

 

(Premede nas imaxes para amplialas)

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut