A biblioteca do noso colexio inagurouse coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas. Ao longo desa semana entregáronse os carnés de usuario a todos os nenos e nenas do colexio, así como aos profesores e profesoras.Fíxose unha primeira visita por ciclos, na que se presentou a distribución do espazo e se deron a coñecer as normas de utilización da biblioteca e o seu horario.A partir dese día moitos nenos e nenas animáronse a levar libros en préstamo, ou ler e estudiar alí despois de comer. Está sendo un gran éxito!