Skip to Content

O blogue de Coguleo

Minestra de prensa con logos ligados

Minestra de prensa con logos ligados

Un documento PDF que contén os logotipos de moitos xornais dixitais, tanto nacionais como algún internacional, en diferentes idiomas (galego, castelán, catalán, éuscaro, inglés e outros) que se pode usar para a semana da prensa e consultar os xornais en liña.

Fai clic na imaxe, abre o PDF e un clic sobre o nome do xornal lévate á súa páxina web.

 


Menú de "Así saímos na prensa"

Cineteca solidaria

Na páxina de   tamén nos ofrecen a súa  cineteca cunha morea de filmes a xeito de contos solidarios. 

A continuación deixamos unha selección dalgún deles, aptos para menores de 12 anos:

 

Kirikou e as bestas salvaxes (Kirikou et les bêtes sauvages)
Dirección: Michel Ocelot y Bénédicte Galup.
País: Francia
Ano: 2005
Duración: 75 min.          ir á web oficial»

Apta para todos os públicos (TP)

O avó, no seu trono da gruta azul, cóntanos cómo Kirikú se converte en xardineiro, detective, oleiro, comerciante, viaxeiro e médico e como o máis pequeño e valente dos heroes terá que buscar no seu interior para atopar o valor, a astucia e a xenerosidade necesarias para triunfar sobre o mal.

 

Cinzas no ceo (Cenizas en el cielo)
Dirección: José Antonio Quirós.
País: España
Ano: 2008
Duración: 96 min.       ir á web oficial»

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

Ferguson, un escocés aventureiro que escribe guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao entalado non precisamente á beira dunha fermosa praia senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo...

 

Os limoeiros (Etz limon)
Dirección: Eran Riklis.
País: Israel, Alemania e Francia
Ano: 2008
Duración: 106 min.       ir á web oficial»

Apta para todos os públicos (TP)

Salma, unha viúva palestina, decide librar unha batalla contra o ministro de Defensa de Israel, cuxa casa linda co seu campo de limoeiros, na fronteira entre Israel e os Territorios Ocupados. A policía non tarda en decretar que as árbores de Salma representan unha auténtica ameaza para o ministro de Defensa e a súa familia, e ordena que se tallen...

 

A banda visítanos (Bikur hatizmoret)
Dirección: Eran Kolirin.
País: Israel e Francia
Ano: 2007
Duración: 90 min.       ir á web oficial»

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

A banda visítanos segue as desventuras dunha banda de músicos exipcios que por un malentendido acaban perdidos nun pequeoo poblo israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes deste pobo verase completamente trastocada...

 

Viva Cuba
Dirección: Juan Carlos Cremata Malberti
País: Cuba, Francia
Ano: 2005
Duración: 80 min.          ir á web oficial»

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

Malú e Jorgito son dous nenos que se prometeron amizade para toda a vida, a pesar de que as súas familias se detestan. Cuando a avoa de Malú morre e a súa nai decide irse vivir fóra de Cuba, Malú e Jorgito terán que escaparse até a fin do mundo en busca dunha esperanza para o seu amor.

 

Binta e a gran idea
Dirección: Javier Fesser
País: España
Ano: 2004
Duración: 30 min.          Ver curta en tu.tv con subtítulos en castelán»

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

Binta ten sete anos, vive nuha preciosa aldea no sur do Senegal, e vai ao colexio. A súa curmá Soda non ten esa sorte. A ela permítenlle aprender as cosas que ignora deste mundo. Binta admira a seu pai que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.

 

O neno que quería ser un oso (Drengen der ville gøre det umulige)
Dirección: Jannik Hastrup
País: Dinamarca e Francia
Ano: 2002
Duración: 75 min.

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

Unha osa polar dá a luz a un cachorro morto. O compañeiro, para aliviar a súa pena, decide roubar un neno para que ela o adopte. O neno aprende o modo de vida dos osos e cando é devolto á súa familia biolóxica non consegue adaptarse. Anhela a súa anterior vida e síntese como un oso.

 

A bicicleta de Pequín (Shiqi sui de dan che) (Beijing bicycle)
Dirección: Wang Xiaoshuai.
Países: China, Taiwan, Francia.
Ano: 2001.
Duración: 113 min.

Apta para maiores de 7 anos (N.R.M. 7)

Película chinesa sobre o valor dunha bicicleta, a loita por ese medio de transporte como única posibildade de futuro, o odio, o amor, a amizade a través dunha bicicleta en pleno século XXI.

 

O encerado (Takhté siah)
Dirección: Samira Makhmalbaf
País: Irán, Italia
Ano: 2000
Duración: 85 min.

Apta para todos os públicos (TP)

Un grupo de profesores viaxan polo Kurdistán cargando cos seus encerados ás costas en busca de estudantes aos que ensinar. No camiño atopan moita xente maior e formas de vida variadas, tratando de axudar e compartir o coñecemento con calquera persoa que estea disposta a aprender.

 

Nen un menos (yi ge dou bu neng shou)
Dirección: Zhang Yimou
País: China
Ano: 1999
Duración: 106 min.

Apta para todos os públicos (TP)

É a historia dunha nena obstinada que pelexa polo seu posto e tenta manter a clase completa, loitando contra a pobreza extrema. Ela, pouco máis vella cós seus alumnos, irase convertendo nunha mestra real ao longo do filme.

 

Ladrón de Bicicletas (Ladri di Biciclette)
Dirección: Vittorio De Sica
País: Italia
Ano: 1948
Duración: 90 min.

Apta para todos os públicos (TP)

Dirixida por Vittorio De Sica, esta película emprega todas as peculiaridades do estilo neorrealista: unha historia simple sobre as vidas de personas comúns e correntes, todo isto contraposto a unha problemática social como foi a da Italia despois da Segunda Guerra Mundial.

* * *

As árbores da Paz

Desde a páxina de   ofrécennos a oportunidade de disfrutar con esta lectura enriquecedora que nos levará por un camiño moi ecolóxico da man do personaxe

Vicentiño, paxaro do río Miño:

Para saber +: Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

contos

 

Coguleo animado

Como crear gif animados con http://gickr.com/.

Coguleo animado

Bibliotecas e enciclopedias virtuais

Escolle a continuación unha das bibliotecas ou enciclopedias virtuais

Campaña: REGÁLAME UN LIBRO (2º e 3º ciclos)

Coguleo continúa a visita agora nos 2º e 3º ciclos para regalar marcapáxinas máxicos que, cando ti os regalas, recibes un libro de regalo.

Gravación voces da curta "Gústame ler" (5º)

Teatro: "O coelliño branco" polos nenos de 5 anos

O curso de Educación Infantil de 5 anos representan para todo o colexio, en varias sesións e durante dous días, a obra de teatro

O coelliño branco.

Hai que ver que ben o fan este(a)s pícaros e pícaras! Mirade, mirade...

http://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpghttp://ovillan.com/tienda/img/coellino.jpg

 

Colaboradores de Festa en decembro

Conto: "A castaña que rebentou de risa"

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA  é un conto contado no teatro dos monicreques polo alumnado de Alternativa para todo(a)s o(a)s compañeiro(a)s de Primeiro e Segundo cursos de Primaria.

E despois tivemos que contar nós as nosas historias que nos fan rebentar coa risa..! Esas tamén...

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut