Seguimos coa nosa participación dentro da campaña Qontos en movemento para espertar a capacidade crítica e o gusto pola lectura dos cativos, a través do cinema e as curtametraxes.
Con esta actividade procúrase o achegamento á linguaxe cinematográfica, profundizando nas diferenzas entre linguaxe audiovisual e literario á hora de contar unha historia.
Participamos na campaña Qontos en movemento para espertar a capacidade crítica e o gusto pola lectura dos cativos, a través do cinema e as curtametraxes.
Con esta actividade procúrase o achegamento á linguaxe cinematográfica, profundizando nas diferenzas entre linguaxe audiovisual e literario á hora de contar unha historia.
E se queres saber máis sobre este proxecto, podes ler o que segue:
A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo pon en marcha estes obradoiros de OQO para fomentar unha educación audiovisual nas aulas.
Audiovisual e literatura
O audiovisual e a literatura escrita/oral non son linguaxes excluíntes.Coexisten e enriquécense mutuamente e son unha ferramenta educativa moi potente, sobre todo se hai un uso conxunto de ambas. Esta é a aposta da campaña Qontos en movemento, que pon en marcha OQO editora para a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, co obxectivo de fomentar a educación audiovisual nas aulas, conxugando cine e contos.
Con esta actividade procúrase o achegamento á linguaxe cinematográfica, profundizando nas diferenzas entre linguaxe audiovisual e literario á hora de contar unha historia. Así, aprenderemos a analizar unha película dende a estrutura, xénero, recoñecemento e identificación de planos, audio ou personaxes, desenvolver o sentido crítico e estético potenciando a capacidade creadora.