Skip to Content

O blogue de Coguleo

SESIÓN DE IOGA

O pasado xoves, aproveitando o bo tempo, o alumnado de Educación Infantil, 1º de Educación de Primaria e os mestres/as, realizaron unha sesión de ioga ao aire libre coa que desfrutaron moitísimo.

(Preme na imaxe para ver o vídeo)

LETRAS GALEGAS 2022

Dende a biblioteca deixámosvos varios enlaces cos traballos realizados polo noso alumnado para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022.


PROGRAMA "TAS OU NON TAS" 5.

O alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando outro entretido programa de “TAS OU NON TAS”. Neste novo capítulo cóntannos, que aquí na Mariña, temos sorte co prezo do “gasol” tal como está a día de hoxe, xa que… “aquí non o botamos, senón que o facemos”.

II EDICIÓN "AO AIRE LIBRO"

Deixámosvos as fotos da actividade "AO AIRE LIBRO", realizada o pasado luns na conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2022.

DÍA DO LIBRO. (4º EDUCACIÓN INFANTIL)

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil celebramos o DÍA DO LIBRO traballando co fantástico conto sobre as emocións, "O MONSTRO DE CORES".

  (Preme na imaxe para ver o vídeo)

HÁBITO LECTOR (Educación Infantil e 1º de Primaria)

Dende a biblioteca seguemos fomentando tamén o hábito lector no ciclo de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria realizando diversas actividades relacionadas con contos infantís: Soños de neve, Guapa, Xogamos ás mans?, Os oficios de Xan, Lola e as 21 vacas, O día de Elmer, A Mochila invisible, Raios de Sol, O Paraugas de Cebra, Antón o rato, O Segredo de Flora, Tomás O Bromista, Caracol e Caracola, Un becho estraño…

Preme na imaxe

 

Programa "TAS OU NON TAS" 4.

O alumnado de 6º de Primaria continúa a traballar na recuperación da nosa fala, convidándonos a ver o capítulo 4 deste entretido programa.

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 3.

O noso alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando o programa "TAS OU NON TAS". A continuación podedes ver o Capítulo 3. 

EXPOSICIÓN DE LIBROS 8M. (DÍA DA MULLER)

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros sobre mulleres extraordinarias que coa súa traxectoria acadaron logros que cambiaron o mundo.

MARIÑATUR (25 DE FEBREIRO)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut