Skip to Content

O blogue de Coguleo

Biblio: A verdadeira historia de carapuchiña vermella

Xa vos contamos o outro día que hai unha semana contamos e representamos o conto de carapuchiña vermella co alumnado de primeiro e segundo, pois ben, esta semana uniuse á actividade o terceiro curso eseguimos traballando sobre este mesmo conto. Despois de contar algunha versión máis do conto, recibimos por sorpresa unha carta... do lobo! Nela o lobo contaba a súa verdadeira versión do conto, totalmente diferente á versión que adoitamos escoitar por aí. Levamos unha boa sorpresa!

Biblio: Seguimos a pintar...

O alumnado de quinto e sexto seguen a aproveitar as clases de plástica para rematar de deseñar as escaleiras que dan acceso á biblioteca. No seguinte album de fotos xa deixamos ver algunha madeira case rematada.

Biblio: Libros Samaín

Na biblioteca preparamos algúns libros sobre estas datas de Samaín. No noso expositor atoparedes libros de vampiros, medo, bandas deseñadas do Samaín... Pasade a botar unha ollada pola biblioteca e pasarédelo "de medo".

 

Biblio: Coguleo visita 5º e 6º de infantil

Como cada ano, Coguleo visitou ao alumnado de infantil para presentarse e invitalos a achegarse á nosa biblioteca. Foi moi ben recibido e pensamos que as visitas do alumnado de infantil á biblioteca serán frecuentes este ano.

Biblio: Contamos carapuchiña (1º e 2º)

Os cursos de primeiro e segundo visitaron o pasado xoves a biblioteca para escoitar un conto clásico: Carapuchiña vermella. Os mestres contaron a historia, e o alumnado axudou lembrando moitas das súas partes xa que é un conto moi coñecido.

A sorpresa chegou cando se lle propuxo ao alumnado que fosen protagosnistas do conto. Había disfraces preparados: de avoa, de lobo, de cazador, e como non, de carapuchiña.

Se facedes click na foto seguinte podedes acceder ao album de fotos e ver o ben que o pasamos.

 

 

Comp: Expo.- Reservas da biosfera

Preme na imaxe para ver máis

OUTROS RECURSOS DIDÁCTICOS

Guía de Recursos para o profesorado sobre As Reservas da Biosfera de Galicia

Lámina de especies invasoras

REDE GALEGA DE RESERVAS DA BIOSFERA

Galicia conta con 6 Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs y ZEPAs, así como varios Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR).

Webs das seis Reservas da Biosfera Galegas

Consulta a información do proxecto fenolóxico  e sobre a Campaña prevención de especies invasoras

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut