Skip to Content

5º Curso

Tarefas do luns 16/03/20

 

 

PÁXINAS DOS LIBROS (POR SI NON PUIDESTES RECOLLELOS)

 

 

 

 

Luns 16: música, 4ª hora

MENSAXE DO MESTRE ÓSCAR:

Luns 16 de marzo: actividade de música.


"A MÚSICA E A SÚA IMPORTANCIA NA SOCIEDADE"

Temos falado algunha vez da importancia que ten a música na sociedade e de como nos acompaña ao longo da nosa vida, en todos os momentos: nos de ledicia e nos de tristeza, nas festas e nos pasamentos...

Co Coronavirus, hai moitos artistas que empregan a música para liberarmos, para expresarmos e para afontarmos mellor o virus nesta situación tan insólita.

https://www.youtube.com/watch?v=hqqpHyIjP04
https://www.youtube.com/watch?v=_fYKg-ssHt0
https://www.youtube.com/watch?v=sQPRqwxjkJ8

Mira estes tres vídeos e publica un comentario coa túa opinión persoal e, ademais, resposta ás seguintes preguntas.

En que tres idiomas están os vídeos?
Por que fala Jorge Drexler de "Codo con codo"?

Na de Rimbandband, resultouche moi difícil entender a letra? Elixe unha frase longa e tradúcea. Emprega un tradutor de internet non es capaz de traducir 
No de Sons do Minho, "Não dés beijinhos, não dés abraços, lavar as maõs é um dos primeiros passos". Atréveste a fazer outro retrouso diferente en galego? E a gravalo e poñelo aquí, no Class Dojo?

Calquera dúbida, preguntádesma.

Un saúdo.

Mestre Óscar.

Luns 16: informática-lingua, 5ª hora

MENSAXE DO MESTRE ÓSCAR:

Luns 16 e luns 23 de marzo: actividade de informática-lingua.

Relato curto.

A partires destes consellos:

http://blogs.nontedurmas.org/certame/

"Como escribir un relato curto" (son 12)

Realiza un relato curto.

Recorda revisar varias veces o texto, separa frases e ideas con comas e puntos, pór un espazo de separación despois dos signos de puntuación, revisar a túa ortografía e ler en alto a túa historia para ver se podes mellorala.

Extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

Aquí tes o gañador do ano pasado.

http://blogs.nontedurmas.org/certame/relatos-premiados/2018-2/2018-primaria/

Envía o teu relato polo Classdojo.

Se precisas axuda, escribe unha mensaxe e resolverémoscha.

Ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut