ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa deste Centro que se inicia o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
A organización e supervisión deste proceso electoral está a cargo da Xunta Electoral, presidida pola directora e integrada por unha nai e un mestre elixidos por sorteo público realizado o pasado 18 de outubro de 2024.
Nestas eleccións corresponde renovar 3 representantes do profesorado e 2 representantes dos pais/nais.
O censo de pais e nais de alumnos está exposto nas fiestras da aula de música. No caso de ser necesario realizar algunha reclamación con respecto ao censo, o prazo remata o 8 de novembro.
Nas fiestras da aula de música estará toda a información de interese relativa a este proceso, incluído o calendario electoral completo.
RESUMO DO CALENDARIO ELECTORAL
-
Exposición pública dos censos: 29 de outubro.
-
Prazo de presentación de candidaturas: dende o 30 de outubro ata o 8 de novembro
(podedes recoller en dirección o modelo para a presentación de candidaturas ou descargalo no documento adxunto)
-
Proclamación de candidaturas: 12 de novembro.
-
Votacións: 19 de novembro (informarase do horario máis adiante)
-
Proclamación de candidatos electos: 22 de novembro
-
Constitución do novo Consello Escolar: 3 de decembro
Atentamente: Alba Amoedo Amoedo