Estimadas familias:
O Equipo Directivo e o profesorado do Eusebio da Guarda queremos darvos a benvida a un novo curso escolar e presentar, de paso, ao novo Equipo para este curso:
- Directora: Ester Muñiz Míguez
- Xefa de Estudos: María Quintana Pita
- Secretaria: Marta Mouzo Casal
Dada a situación que estamos a vivir somos conscientes de que este será un curso diferente e con moitos obstáculos que salvar, pero esperamos poder ir superándoos coa implicación e esforzo de tod@s.
As clases comezarán de xeito escalonado coa seguinte orde:
- xoves, 10: E.Infantil de 3 anos (segundo o establecido no Perído de Adaptación, que se publicará nesta web á maior brevedade posible); E.Infantil de 4 anos; 1º, 2º e 3º de E.Primaria.
- venres, 11: E. Infantil de 5 anos; 4º, 5º e 6º de E.Primaria.
Deste xeito, o venres 11 xa estaría incorporada a totalidade do alumnado.
Pedímosvos que esteades pendentes da páxina web do Centro na que iremos publicando os horarios de entradas e saídas, ademais doutros documentos e información de interese para o inicio do curso:
- Plan de Adaptación á situación Covid-19
- Plan de Continxencia
- Programa de Acollemento
- Plan de Adaptación do alumnado de 3 anos
Por último lembrar que os cheques de material e libros de texto están dispoñibles na Secretaría do Centro para aqueles que non os recolleron en xullo.
Os libros de texto para alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria que teñen a beca de Fondo Libros, serán entregados ao alumnado o primeiro día de clase.
Un saúdo.