Skip to Content

COMUNICADO ÁS FAMILIAS 22 DE ABRIL

 

Prezadas familias:

 

 

 

Agardamos que tanto vós coma os vosos fillos/as esteades ben e con forza, ánimo e ilusión  para seguir adiante. Cada vez queda menos para voltar á nosa vida e rutinas habituais. Mentres ese momento se achega,  todo o profesorado e persoal non docente do Eusebio queremos transmitirvos o noso cariño e confianza en que todo sairá ben. Agradecervos  tamén os preciosos vídeos enviados que tanto nos emocionaron e nos fixeron desfrutar da vosa presenza virtual e sobre todo, agradecer e valorar o traballo que dende as vosas casas estades a facer cos vosos fillos.

 

 

 

Dende o E. Directivo queremos dicir que estamos totalmente á vosa disposición para todas aquelas dúbidas, preguntas ou inquedanzas que nos queirades transmitir. Facede uso tanto do correo electrónico (ceip.eusebio.guarda@edu.xunta.gal) coma do teléfono do colexio (981 22 92 64) para contactar en calquera momento.

 

Queremos tamén informarvos das últimas orientacións publicadas pola Consellería de Educación de Galicia na ORDE do 17 de abril, logo da reunión mantida entre CCAA e Ministerio de Educación o día 15 de abril. Estamos á espera de maior concreción por parte desta Consellería, pero a día de hoxe as orientacións a seguir, de cara a este 3º trimestre e cara ao final de curso, son as seguintes:

 

·         As actividades a levar a cabo ao longo do trimestre serán de recuperación,  repaso, reforzo e, no seu caso, de ampliación de aprendizaxes anteriores  que resulten necesarias para o alumnado.

 

      Con respecto á avaliación menciónase que será continua e con carácter diagnóstico e formativo. Terase en conta a situación do alumnado máis vulnerable.
 
     En canto teñamos máis indicacións por parte do Ministerio ou da Consellería de Educación publicarémolas neste mesmo portal.

 

Insistir na importancia de manter o contacto entre familias e profesorado para levar da maneira máis eficaz esta situación.

 

Mencionar tamén que os procedementos administrativos seguen suspendidos, polo que o proceso de ADMISIÓN DO ALUMNADO está paralizado ata novo aviso.

 

 

 

E por último, reiterar unha vez máis o noso agradecemento pola vosa colaboración.

 

Saúdos e moito ánimo a todos/as.

 

 

 

O Equipo directivo.

 



blog | by Dr. Radut